Cata Día internacional da muller

C a t a D í a i n t e r n a c i o n a l d a m u l l e r

Un ano máis, con motivo da celebración do Día da Muller 8M, abrimos unha nova edición da Cata de enólogas e colleiteiras todas elas do Ribeiro.

Levamos desde o ano 2018 celebrando esta actividade, co propósito de dar o lugar que merecen as mulleres do sector vitivinícola do Ribeiro; enólogas, adegueiras, colleiteiras, a través da CATA DE MULLERES DO RIBEIRO.

Entendemos que o papel da muller neste sector, como noutros moitos, non ocupa o lugar destacado que se merece e que lle é propio. Son cada vez máis as mulleres no sector do viño, que están a gañar terreo e a amosar que fan un traballo extraordinario.

Como cada edición, contamos coa presencia de Mercedes embajadora Membajadora, dirixindo a Cata, e como novidade, para amenizar a xornada, apostamos por incorporar a figura da mellor REGUEIFEIRA de Galicia.

  • Como novidade, o punto de inicio do encontro comeza no Castelo de Ribadavia.
  • Lugar de celebración da cata; Igrexa da Madalena.
  • Día 11 marzo 2023, ás 18h.

Abrimos prazo de inscrición, a actividade é de balde e as prazas son limitadas (por rigurosa orde de inscrición, ata agotar prazas)

Podes enviar un correo electrónico a me*****************@gm***.com

Ou enviar un whatsapp ao seguinte telef: +34 689 29 26 75