Un ano máis, con motivo da celebración do Día da Muller 8M, abrimos unha nova edición da Cata de enólogas e colleiteiras todas elas do Ribeiro.
Levamos desde o ano 2018 celebrando esta actividade, co propósito de dar o lugar que merecen as mulleres do sector vitivinícola do Ribeiro; enólogas, adegueiras, colleiteiras, a través da CATA DE MULLERES DO RIBEIRO.
Entendemos que o papel da muller neste sector, como noutros moitos, non ocupa o lugar destacado que se merece e que lle é propio. Son cada vez máis as mulleres no sector do viño, que están a gañar terreo e a amosar que fan un traballo extraordinario.
Como cada edición, contamos coa presencia de Mercedes embajadora Membajadora, dirixindo a Cata, e como novidade, para amenizar a xornada, apostamos por incorporar a figura da mellor REGUEIFEIRA de Galicia.
- Como novidade, o punto de inicio do encontro comeza no Castelo de Ribadavia.
- Lugar de celebración da cata; Igrexa da Madalena.
- Día 11 marzo 2023, ás 18h.
Abrimos prazo de inscrición, a actividade é de balde e as prazas son limitadas (por rigurosa orde de inscrición, ata agotar prazas)
Podes enviar un correo electrónico a [email protected]
Ou enviar un whatsapp ao seguinte telef: +34 689 29 26 75